Campaña #PorunaleydeEducaciónSocial

O 27 de decembro, coincidindo co 10º aniversario da publicación no BOE da Lei de creación do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais, esta mesma entidade presentou ante o rexistro do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e ante o Congreso das/os Deputadas/os a solicitude de creación dunha lei que regule a Educación Social e que visibilice, dignifique e reivindique a importancia desta profesión na sociedade.

A idea da campaña é facer chegar milleiros de peticións ao Ministerio, comezando pola do CGCEES, seguida dos colexios profesionais autonómicos, das persoas colexiadas, e da cidadanía en xeral.

Únete á petición

Calquera persoa pode sumarse á petición presentando a solicitude de creación da lei. Para facilitalo, poñemos á vosa disposición tres modelos diferentes, un para persoas colexiadas, outro para institucións, e outro para calquera outra persoa que queira apoiar esta causa.

Xa que vai dirixido a un Ministerio con sede fóra de Galicia, no caso de presentar a petición en galego, debe ir acompañada de tradución a castelán.

Debe presentarse copia duplicada, para quedarte con unha delas, selada polo rexistro.

Podes presentala en calquera rexistro público (concello, Xunta de Galicia, etc.) que teña ventanilla única. Escolle o teu modelo:

COLEXIADAS/OS DO CEESG:

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para persoas colexiadas (castelán)

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para persoas colexiadas (galego)

CIDADANÍA, ESTUDIANTADO:

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para a cidadanía (castelán)

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para a cidadanía (galego)

ENTIDADES E INSTITUCIÓNS:

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para institucións e entidades (castelán)

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para institucións e entidades (galego)

Se podes recabar solicitudes doutras persoas -a túa familia, compañeiras e compañeiros de traballo, amizades, etc.- lembra que podes presentar no rexistro as súas solicitudes, podendo aforrar desprazamentos (cada solicitude debe indicar o nome, apelidos, DNI e sinatura da persoa)

Infórmanos se fas a solicitude, ou se recabas outras, para poder levar un seguimento do número de solicitudes presentadas.

Podes escoitar as palabras de Xavier Puig, presidente do CGCEES, tras presentar a solicitude no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, neste vídeo: https://youtu.be/mO25uIYKVjg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *