Que somos?

A Sensu contrario, iniciativa xurídico-social, é unha asociación galega sen ánimo de lucro, creada con tres eixos de actuación principáis:
  1. O Grupo de Intervención Xurídica e Social (GIX).
  2. A Universidade Paralela.
  3. Análise xurídica.
As liñas de traballo de A Sensu Contrario abranguen tanto a formación no abeiro da Universidade Paralela como a participación na resolución de conflictos perante o Grupo de Intervención Xurídica e Social:
  • Atención e asesoramento a persoas víctimas de violencias políticas por causa da súa condición de vulnerabilidade debida a razóns económicas, sociáis, políticas, xurídicas, etc. que supoñan a súa discriminación social.
  • Capacitación e dotación de recursos humáns e culturáis a grupos de persoas con discapacidade social para que coñezan os seus dereitos, os mecanismos para defendelos e capacitalos na formación de outras persoas no ámbito da autodefensa xurídica.
  • Sensibilización e denuncia social para favorecer o acceso das personas con discapacidade social ao mercado laboral, ao mundo educativo e, en definitiva, a unha vida plena en sociedade.
  • Información a e Formación de docentes e profesionáis que traballen en entidades públicas e privadas de atención a persoas en situación de especial vulnerabilidade.
  • Información e Formación a profesionáis responsables do apoio e da supervisión de persoas en situación de especial vulnerabilidade en servizos públicos e privados que descoñezan o traballo na área de necesidades especiáis e teñan o inquedanza de ampliar as súas habilidades neste eido.
  • Información e Formación a colexios profesionáis, asociacións e entidades sociáis, médicas e xurídicas da realidade xurídico-social para a Defensa dos Direitos Humáns no ámbito da discapacidade social e do asesoramento na implementación dunha protección integral das persoas en situación de especial vulnerabilidade en calquera ámbito.
  • Creación de redes de entidades e axentes que traballen por un plano integral de erradicación da discrimación social de personas vulnerableis.
  • Fortalecemento da formación, orientación e asesoramento de familiares de persoas en situación de especial vulnerabilidade.

Se tedes interese no noso traballo podedes escrivirnos atraverso do noso formulario de contacto.